2.500 sinaturas reclaman as reformas na PO-308 de Poio

    firmaspo308 copia100.jpgPONTEVEDRA> O colectivo busca demostrar o apoio dos veciños e presionar á Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/SINATURAS_PO308_POIO.flv{/flowplayer}

    Con 2500 sinaturas presentadas no rexistro da Xunta a plataforma pola seguridade viaria e urbanización da PO-308 ó seu paso por Poio, pechaba esta mañá a primeira fase de recollida de apoios entre os veciños. Sen embargo, os membros do colectivo non dan por rematada a súa loita.

    Deste xeito, os membros da plataforma informaron os veciños dos obxectivos desta iniciativa, que pasa pola construción de beirarrúas e a mellora da seguridade no vial. Unha actuación que, aseguran, conta co apoio dos habitantes da zona.

    Polo de momento, dende a Xunta rexeitan a posta en marcha dun proxecto para a PO-308, alegando demasiada dificultade debido á desmesurada urbanización da zona. Unhas explicacións que non aceptan os veciños.

    Ademais da recollida de sinaturas, a plataforma continuará con outras medidas de protesta como a celebración de asembleas informativas e as marchas semanais nas diferentes parroquias de Poio, que este domingo se celebrará en Raxó.

    Redacción Salnés