Os problemas do colexio de Bergondo chegarán ó Parlamento

    NOIA> Os deputados de AGE Ramón Vázquez e Xabier Ron, xunto a membros de Marea, mantiveron un encontro con representantes da ANPA e da propia dirección deste centro educativo para coñecer as deficiencias das instalacións. A Marea Cidadá de Noia, a través da Alternativa Galega de Esquerda, levará ó Parlamento Galego as deficiencias do colexio Felipe de Castro. Unha delegación desta formación política, integrada tamén polos deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron visitaron as instalacións do centro, acompañados pola propia dirección e representantes da ANPA. Na visita pudieron comprobar de primeira man os graves problemas existentes, xa denunciados en máis dunha ocasión pola comunidade educativa e que a día de hoxe seguen sen solucionarse. Ante esta situación AGE presentará unha iniciativa parlamentaria para reclamar un investimento da Xunta neste colexio debido ás súas necesidades urxentes. A nivel municipal a Marea vai a tratar de que se inclúa unha partida económica nos presupostos do concello para que cando menos unha destas obras agora reclamada se leve a cabo con cargo ós orzamentos municipais, incidindo ademais na necesidade de constituír o Consello Municipal de Educación.