VILAGARCIA > A confederación Intersindical Galega, CIG, expuxo esta mañá en Vilagarcía, a situación actual…
…dos traballadores de Vimenca e Áridos Vilagarcía. Como recordarán, estes traballadores levan dende xuño sen cobrar as súas nóminas e pagas extras en estado de abandono por parte dos propietarios da empresa.
Recentemente foi forzada a entrada os seus postos de traballo onde roubaron unha serie de ferramentas e material. A CIG quere poñer enriba da mesa os tres asuntos principais que fan a situación actual destes traballadores, de insoportable.
Por un lado, xa teñen data para o xuízo que será o doce de decembro.
Queren resaltar tamén que a raíz do asalto e roubo que se produciu na empresa, os propietarios non puxeron a denuncia correspondente despois de que os traballadores avisaran a policía.
Pero sen dúbida, o que máis sorprende é que os traballadores están denunciados por un dos propietarios, pola concentración que fixeron fai meses diante da porta da súa casa. Segundo propietario da empresa Vimenca que fixo a denuncia, os traballadores que asistiron co sindicato a manifestarse diante da súa casa, ameazárono e insultárono, feito que negan os implicados. T
anto os traballadores como o seu representante da CIG, aseguran que seguirán loitando polos seus soldos atrasados, que ningunha denuncia lles amedrentará e que non descartan facer outra concentración diante da casa dun dos propietarios de Vimenca.
Redacción Salnés