BARBANZA > O 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes, unha enfermidade que afecta a máis de 160 mil galegos maiores de idade.
Na comarca do Barbanza a maior parte dos enfermos son tratados por un servizo específico do Hospital da Barbanza, composto por un médico endocrino e dúas enfermeiras. En contra do que moita xente pensa, esta enfermidade non só é hereditaria, senón que pode chega a adquirirse nunha idade adulta.
A diagnose dun novo paciente de diabetes soe darse ó realizar unha simple analítica rutinaria na que os índices de glucosa superan a cifra recomendada.
Hábitos de vida saudables
Unha vez que a diabetes é diagnosticada o paciente debe someterse a segundas probas e si efectivamente o resultado é positivo, no servizo de asesoramento do Hospital da Barbanza aconsellarano sobre as pautas que debe seguir para levar ben a enfermidade.
Non tódolos diabéticos son insulino-dependentes. Nos primeiros estadíos da enfermidade diagnosticada nun adulto existen os antidiabéticos orais e o enfermo pode levar a cabo unha vida case normal se segue unhas sinxelas regras sobre a dieta, na que poderá seguir comendo de todo, e tenta levar unha vida saudable facendo máis exercicio.
Poboación de risco
Hai un sector da poboación especialmente sensible a padecer diabetes durante un período da súa vida: as mulleres embarazadas, que poden sufrir diabetes gestacional, pero da que se soen recuperar ó pasar o parto.
O 14 de novembro, Día Mundial da Diabetes, é unha boa data para lembrar que con bos hábitos alimenticios e facendo un pouco exercicio, en definitiva, cunha vida saudable podense prever esta e outras moitas enfermidades.
{flowplayer}barbanza/diabetes.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza