Lousame pon en marcha a campaña ‘Quérenme ben’ para conmemoral o 25N

LOUSAME> O concello de Lousame pon en marcha a campaña ‘Quérenme ben’ a través das redes sociais para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Para animar á participación, haberá varios premios a sortear entre os que realicen as súas achegas.

En colaboración co Colexio Cernadas de Castro, o concello de Lousame desenvolverá unha campaña de sensibilización con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Baixo o título ‘Quérenme ben’ e tomando como referencia a tradición de esfollar unha margarida pretende poñer de manifesto as diferenzas entre as relacións sans e as tóxicas.

Poderán participar compartindo unha frase relacionada coa campaña co cancelo #querenmeben e etiquetando ó concello de Lousame. No caso de non dispoñer de redes poderán participar enviando un WhatsApp ó teléfono 689 126 385.  Dispoñen de prazo para facelo ata o 29 de novembro e tódolos participantes entrarán no sorteo de varios premios.

Ademais desta campaña, o propio día 25 celebraranse os actos institucionais diante do concello coa lectura dun manifesto e a confección dun xardín simbólico coas margaridas elaboradas polos escolares de Lousame.