A ordenanza de ruídos concilia os intereses de veciños e hostaleiros

    ordenanzaruidos_100_141107.jpgBOIRO > Tras un longo periodo de tramitación, a corporación boiresa aprobou a ordenanza municipal sobre contaminación acústica de xeito definitivo.

    Moitos agardaban con impaciencia en Boiro a aprobación definitiva da ordenanza reguladora de ruídos, que se fixo efectiva na sesión plenaria do pasado xoves. Con este documento preténdense conciliar os intereses dos veciños co desenvolvemento da movida nocturna, sen prexuízo para os hostaleiros.

    Instalación de sonógrafos

    Entre outros puntos recóllese a obrigatoriedade de respecta-los horarios de peche e a distancia de cincuenta metros entre locais para evitar a saturación. Pero a principal novidade reside na instalación de sonógrafos nos establecementos, que suporán un gasto aproximado de dous mil euros para os propietarios.

    Finalmente non se incluíu no regulamento a instalación de cámaras de videovixilancia nas rúas onde se concentra a movida, aínda que non se descarta que nun futuro se poida proceder á colocación destes dispositivos, sempre e cando sexa necesario.

    Para a aprobación definitiva da normativa tivéronse en conta tódalas alegacións presentadas por veciños e hostaleiros, agás unha, co claro obxectivo de acadar o maior consenso entre as partes afectadas.

    {flowplayer}barbanza/ordenanzaruidos.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza