![]()
VILANOVA > En Vilanova, os veciños levan dende a pasada semana recollendo firmas nas piden que se repoña …
… a consulta médica pola tarde. Unhas mil persoas vense agora privadas deste servizo que ven de retirar a Consellería de Sanidade. Os veciños de Vilanova comezaron a recadar firmas a finais da semana pasada, e xa levan bastantes folios cubertos. A medida adoptada pola Consellaría de Sanidade de retira-lo servizo médico da tarde, espertou as críticas dos habitantes da vila arousá. Piden que se repoña a consulta, na que se atendían a uns mil de pacientes.
O Goberno local apoiou no pleno do luns a reclamación dos veciños. Co apio do BNG, o executivo vilanovés presentou unha moción de urxencia, coa que lle vai a esixir a Sanidade que repoña o servizo. Din dende o executivo local que Vilanova está a perder cada vez máis servizos sanitarios. O Partido Socialista non puido apoiar a moción xa que o grupo se ausentou do pleno ante a expulsión do seu portavoz por parte do alcalde vilanovés, Gonzalo Durán, cando se estaba a tratar outro punto.
Os afectados esperan poder entregar pronto as firmas á Consellaría de Sanidade. Pídenlle ó ente autonómico que non os prive dun servizo necesario e que estaba a ser moi empregado na vila.
Redacción Salnés








