O ISM de Bamio acolle a Semana de Estudios do Mar

    VILAGARCÍA> A Fundación Asesmar desenvolve desde hoxe e ata o mércores a súa Semana de estudios do Mar, que se celebra no ISM de Bamio, en Vilagarcía. Na xornada inaugural falouse, entre outros asuntos, da influencia do mar nesta cidade e tamén da actividade marítima que desenvolve a Garda Civil. Un total de 1.400 efectivos da Garda Civil velan pola seguridade na costa peninsular e nas illas. Desta dimensión marítima da benemérita falouse na Semana de Estudios do Mar, que se está a desenvolver en Vilagarcía. Gregorio Guerra, Xeneral de División da Garda Civil, da Xefatura Fiscal e de Fronteiras, foi o encargado de falar da labor deste corpo. En Galicia actúan como policía integral en 12 millas de mar territorial, e tanto perseguen un narcotraficante, como un furtivo. Neste ciclo de conferencias, organizado pola fundación Asesmar, interveñen estes días científicos e técnicos de diversos campos, mariños mercantes e da armada, xuristas e políticos. Trátase de difundir todo tipo de coñecementos relacionados co mar no seu sentido mais amplo. Na xornada inaugural interveu o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, quen falou da influencia do mar nesta cidade. A Semana de Estudios do Mar celébrase cada ano nunha cidade martítima ou portuaria de españa e esta é a segunda ocasión que se fai en Vilagarcía. As conferencias están abertas ó público en xeral. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/28/semana_mar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/28/SEMANA_ESTUDOS_MAR_281013.mp4{/flowplayer}