PSOE e BNG acúsanse mutuamente de romper o acordo marco

anxelafranco_100_281107.jpgTAMBRE > O deputado socialista, Xosé Manuel Lage, saiu hoxe ó paso das novas que apuntan a unha posible rehabilitación por parte do BNG dos concelleiros

… e concelleiras desta formación nos concellos de Muros e Porto do Son, que pactaron co Partido Popular, e que segundo el, incumpriron o acordo marco subscrito entre socialistas e nacionalistas para a gobernabilidade dos concellos galegos.

O deputado socialista, José Manuel Lage, considera que os pactos acadados polos nacionalistas nos concellos de Muros e Porto do Son co Partido Popular son unha clara fraude á vontade dos electores destes dous municipios.

No primeiro dos concellos o BNG formou goberno co PP e no segundo, aínda que os nacionalistas non son parte do executivo, impediron co seu voto a formación dun goberno de progreso, que segundo el, foi o que maioritariamente votaron os veciños do Son.

Así, sinala que o PSOE agarda a que os nacionalistas non se amparen en falsas coartadas para evita-la expulsión dos concelleiros e concelleiras que incumpriron o acordo marco asinado entre as dúas formacións.

Diferencias na FEGAMP

O deputado do PSdeG-PSOE recorda tamén que o seu partido cumpre tódolos seus acordos tanto na Federación Galega de Municipios e Provincias coma nos concellos, traballando sempre polo consenso.

Pola súa banda, os concelleiros non adscritos de Muros e Porto do Son consideran que o PSdeG si rompeu o acordo suscrito entre a súa formación e o BNG co gallo de impulsar unha política de cambio na FEGAMP.

Por iso, estes concelleiros recoñecen o seu erro nas pasadas eleccións municipais ó non ser capaces de superar as contradiccións que se xeraron no ámbito local.

Pero agora, tanto Ánxela Franco como María Xosé Alfonso, ante a nova situación xurdida, solicitan que se reconsidere a adopción de medidas disciplinarias e sancionadoras e que sexan readmitidos como concelleiros do BNG a todos os efectos, pois o PSdeG tampouco está cumprindo o acordo marco. Consideran que se está situación se mantén sería “inxusto e discriminatorio” para eles.

{flowplayer}barbanza/acordosmarco.flv{/flowplayer}

Redacción Barbanza