Canal Rías Baixas recibe o premio “Lingumia 2017”

    PORTAS> Esta casa está hoxe de noraboa. Pola súa implicación no uso da lingua galega. Canal Rias Baixas recibiu esta mañá en Portas, da man da Coordinadora Comarcal Terras do Umia de equipos de Normalización, o premio “Lingumia 2017”. O entorno non podía ser mellor para recoller un galardón que premie o uso da nosa lingua nos medios de comunicación .Desde hai oito anos os institutos de Portas, Barro, Caldas, Cuntis, e Moraña, organizan esta xornada que busca unir a mozos e mozas na defensa do galego a través de diversas expresións artísticas. Os alumnos, tanto de primaria como de secundaria, prepararon a conciencia os seus espectáculos. Durante a cita, que tivo lugar na Azucareira de Portas, houbo tempo tamén para a entrega dos premios de Microrelato. E como cada ano ,o premio á difusión do galego fóra do ámbito escolar. Este ano, esta casa resultou gañadora deste “Premio Lingumia 2017”. Un premio que agradecemos desde o equipo de Canal Rías Baixas e que fai aumentar se cabe o noso compromiso coa nosa lingua e coa nosa audiencia .