Turismo Rías Baixas presenta unha guía da antiga vía romana XIX

    atlanticas100_240108_001.jpgPONTEVEDRA > O Patronato de turismo Rías Baixas e a Deputación de Pontevedra presentaron esta mañá a guía de ruta da provincia rememorando a antiga vía romana XIX..

    …Unha guía que pretende dar a coñecer o patrimonio cultural que nos deixaron os nosos antecesores con esta ruta que comeza en Tui e que percorre concellos como Barro e Caldas de Reis ata Pontecesures.

    Un proxecto que foi desenvolvido ó longo de dous anos coa fin de promover o apaixonante percorrido polas diferentes vías de comunicación que compoñen esta ruta. Dende Tui ata Pontecesures atravesando os diferentes fitos arqueolóxicos así como novos descubrimentos Unha iniciativa financiada polos fondos FEDER co esforzo das administración públicas españolas e portuguesas.

     O Patronato de turismo Rías Baixas presentou esta guía que ten como obxectivo viaxar no tempo cara atrás e contemplar a nosa provincia como o faría un romano da época.

    Redacción Salnés