A confraría de Noia adianta a apertura da campaña ó 16 de setembro

    NOIA> Os mariscadores de Noia volverán ó traballo o catorce de setembro. O cabildo acordou adiantar a apertura de campaña ante as boas expectativas que auguran as mostraxes realizadas nos areais. Malia que outubro é o mes habitual para a volta os areais, a confraría de Noia acordou abrir a campaña marisqueira o catorce de setembro. Máis de mil cincocentos profesionais volverán ó traballo coa esperanza dun bo arranque da actividade, sempre e cando o marisco non estea ovado como xa aconteceu outros anos. De ser así, terán que agardar quince días máis. Tamén preocupa no seo do pósito noiés os continuos episodios de toxina que nos últimos meses afectan á ría. Agardan que de cara a apertura da campaña remitan os niveis na súas concesións para poder traballar con normalidade. Á espera de retomar a actividade, os mariscadores continúan a realizar tarefas de limpeza e sementeira nos bancos para contribuír a aumentar a produtividade da ría.