POBRA> A Pobra do Caramiñal está inmersa na celebración da súa Semana do Mar. Exposicións, obradoiros, deportes náuticos, limpeza de fondos mariños ou o tradicional mercado mariñeiro son algunhas das súas actividades. Este martes o obradoiro do pesca con cana no peirao vello centraba os actos dunha inciativa posta en marcha polo concello, en colaboración co sector hostaleira da Pobra. Aglutina dous aspectos moi vencellados á localidade, como son a tradición e o mar. Entre as moitas actividades, desde o venres xa se pode desfrutar da exposición de artes de pesca da Confraría de Pescadores. Son 21 os locais hostaleiros da vila os que participan nesta Semana do Mar ofrecendo durante estes días tapas mariñeiras a prezos populares. E é que o mar, saboréase, pero tamén, debátese a través das charlas e obradoiros que esta semana teñen lugar na Pobra. O broche final desta festa do mar, como xa é tradicional, chega a próxima fin de semana coa celebración do Mercado Mariñeiro. Unha semana na que nos anuncian ademais moitas sorpresas respecto de anos anteriores, uns días para desfrutar en familia e homenaxear ao que tanto lle debemos, ao noso mar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/26/presentacion_semana_do_mar_pobra260720161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/26/presentacion_semana_do_mar_pobra26072016.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia









