O alcalde meco expónlle os problemas do Grove a Política Territorial

    cacabelos100_240108_001.jpgPONTEVEDRA > O alcalde do Grove, Jose Antonio Cacabelos reuniuse hoxe coa delegada de Política Territorial Isabel Domínguez para tratar as cuestións que están pendentes …

    … de execución no concello meco. O futuro do PXOM, as obras en Xoán 23 e na estrada de Ardía e a aprobación dos terreos para a construcción dun centro médico foron algúns dos temas que se falaron na xuntanza. Segundo o rexedor meco as conclusións ás que se chegaron foron positivas.

    Ó concello do Grove quédalle moito traballo por diante. Despois das consignas acadadas que predeceron as boas intencións do goberno, chegou a hora de poñelas na práctica. Por iso a reunión coa delegada de Política territorial era de vital importancia para o executivo meco xa que os asuntos a tratar eran de gran relevancia.

    O primeiro e máis importante, saber que vai pasar co plan xeral de ordenación municipal que nestes intres está paralizado, e cal é contido que o goberno quere levar ó cabo. O rexedor grovense afirmou que a idea é normalizar a sitiación do PXOM facendo que nel se recollan as necesidades dos veciños facendo do Gove, un pobo máis habitable con máis zonas verdes, reflectindo un maior control urbanístico. Outra das cuestións que Cacabelos tratou coa delegada foi o futuro das obras de Xoán 23 e a situación actual da estrada de Ardía, a licitación das obras xa está concedida, e o proxecto xa está en execución.

     En canto ás obras de Xoán 23, é necesario modificar o deseño do proxecto ó non resultar satisfactorio tanto para veciños como para o propio concello que ten como obxectivo dotar entre outros elmentos, beirarúas a todo o espazo, segundo indicou o alcalde. Outro dos temas máis relevantes tratados na xuntanza foi a aprobación dos terreos para a concesión dun centro médico.

    A polémica neste eido ven de atrás pola problemática que contén a calificación da parcélea onde se pretende ubicar o ambulatorio, ó carón do cemiterio. Aínda que será unha tramitación longa, a negociación vai por bo camiño. Por último o alcalde meco transmitiulle á delegada a necesidade de modificar as normas de concesión subsidiarias tales como licencias de terrazas e baixos comerciais.

     Redacción Salnés