A Xunta acondiciona os treitos de varios ríos en Porto do Son e Noia

BARBANZA> A Xunta de Galicia está a desenvolver traballos de conservación e limpeza en varios ríos dos concellos de Porto do Son e Noia. As actuación céntranse en zonas de especial risco de inundación onde se retirará maleza e madeira morta para favorecer a circulación fluvial.

Augas de Galicia iniciou os traballos de limpeza nos treitos interurbanos de 15 ríos ó seu paso polos concellos de Porto do Son e Noia. Os traballos, dependentes da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, acometeranse nos ríos Sieira Corral Baixo, Corzo, Lavandeira, Chico, Quintáns, Resna, Cans, Sancho, Sandión, Carballar, Da Igrexa e Hornanda ó seu paso por Porto do son e nos ríos Vilaboa e San Xusto de Noia.

Trátase de actuacións de mantemento en áreas con potencial risco de inundación polo que se centrarán na retirada de árbores e pólas caídas así como a roza selectiva nos tramos cubertos pola maleza.

Estas accións enmárcanse accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.