A escasa produtividade plantexa o peche do libre marisqueo

    BARBANZA> A redución xeralizada das capturas en toda a ría de Arousa levou a varios pósitos a solicitar medidas de rexeneración que contribúan a incrementar a produtividade dos bancos marisqueiros. Os patróns maiores mantiveron unha xuntanza con representantes da Consellería do Mar para abordar o peche dos bancos de libre marisqueo. A Consellería do Mar considera que existen razóns técnicas que poderían xustificar o peche da campaña de libre marisqueo ante a caída constante das capturas. Sen embargo, esta decisión está en mans das confrarías da Ría de Arousa que deberán solicitar formalmente o peche. E non o farán ata consultar co Instituto Social da Mariña as posibilidades que teñen os afectados de acollerse ó paro. De chegar a acordo pecharíase a campaña, que en principio debería durar ata marzo, a iniciarase un plan de recuperación destes bancos. Tanto os pósitos como a consellería son conscientes de que a improdutividade depende tamén doutros factores que non se poden controlar como o clima ou a presenza de parásitos. Sen embargo, hai un feito, o furtivismo, que precisa ser atallado canto antes para evitar que se sigan a esquilmar os bancos. As confrarías piden o endurecemento das sancións así como o estudo doutro tipo de vías alternativas que garantan a efectividade na loita contra esta práctica ilegal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/pechelibremarisqueo1501151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/pechelibremarisqueo150115.mp4{/flowplayer}