UPTA Galicia presenta as demandas dos autónomos a BNG e PP

    uptabng100_250108.jpgSANTIAGO > O secretario xeral de Upta-Galicia, Eduardo Abad, reuniuse co candidato que encabeza a lista do BNG …

    … pola Coruña ó Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera.

    Upta Galicia está a manter reunións cos partidos que concorren ás eleccións xerais para exporlles as súas propostas de cara a mellorar as condicións laborais dos autónomos. Eduardo Abad estivo xa co candidato do BNG ó Congreso pola Coruña, Francisco Jorquera, a quen lle trasladou a necesidade de aplicar ‘imposto cero’ durante os dous primeiros anos de actividade dos autónomos, nos negocios con rendas máis baixas.

    Ademais, Abad Sabarís reuniuse onte pola tarde co presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijó, con quen falou sobre as medidas que os autónomos necesitan que se poñan en marcha para dar pulo ás iniciativas do colectivo e aportar ao desenvolvemento social e económico da sociedade. Estes contactos cos partidos políticos, no contexto da convocatoria a eleccións para marzo vindeiro, tivo continuidade hoxe, cunha reunión en Monforte de Lemos, cos candidatos do PSOE por Lugo. Tamén está previsto que o secretario xeral manteña unha xuntanza con representantes socialistas na Mariña Lucense o día 1 de febreiro e o venres 8 en Lugo capital.

    Entre as demandas de Upta, inclúese a solicitude de revogar por lei a obriga de pago dos autónomos ás cámaras de comercio, o imposto cero nos dos primeiros anos para as rendas máis baixas cando inicien un negocio, o desenvolvemento da LETA a través da súa regulamentación e medidas de apoio para políticas sectoriais.

    Redacción Salnés