Xornada de portas abertas no novo edificio da Autoridade Portuaria

    autoridade_portuaria_copia100.jpgVILAGARCÍA> Javier Puertas, acompañado de mandos da Policía, Garda Civil e os medios de comunicación, mostrou as instalacións na Comandancia. O edificio está dividido en tres estructuras para diferentes departamentos.

    {flowplayer}images/salnes/AUTORIDADE_PORTUARIA.flv{/flowplayer}

    Por e para os usuarios. Así definiu o presidente da Autoridade Portuaria vilagarciá a estructura funcional das novas oficinas na Avenida da Mariña. O edificio está dividido en 3 plantas. Na zona baixa, atópanse os servizos máis solicitados, programados para ofrecer ó usuario unha atención inmediata.

    Na primeira, están situados os departamentos de enxeñería e laborais, así como os xefes de seccións. Un pouco máis arriba, atópase o servizo de comunicacións, o centro neurálxico de información do Porto vilagarcián.

    Javier Puertas anunciou a creación dunha nova área que vai prestar solucións ós problemas económicos e de financiamento nesta época de crise.

     Segundo o presidente da Autoridade Portuaria, os usuarios estanlle a mostrar a súa satisfacción pola optimización do novo edificio, dos servizos e do persoal.

    As obras do antigo cuartel xeral do Porto Vilagarcián van estar rematadas en tempo, aínda que Puertas recoñece que por seguridade e eficiencia non se volverá a esas instalación ata dentro de un ano e medio.

    Redacción Salnés