A Xunta continuará o proxecto das beirarrúas da PO-549

    berarruas_vilanova copia.jpgVILANOVA> Así llo comunicou o Consellería de Medio Ambiente, Agustín Hernández, ó alcalde na xuntanza que mantiveron esta semana.

    {flowplayer}images/salnes/BEIRRARUAS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Tras unha longa conversa, na que falaron de temas diversos, o máis destacado foi a continuación do proxecto de seguridade viaria e construción de aceiras novas na estrada comarcal PO 549.

    A Xunta comprometeuse a executala segunda fase desta vía, no tramo denominado Tarrío- Corbillón. O Conselleiro adiantou que as obras estarán contratadas para poder comezar na época estival.

    As obras iniciaranse no punto máis perigoso desta estrada que é o cruce regulado por semáforos de San Miguel, ó carón da farmacia. Aquí construiranse beirarrúas, ademais de pasos peonís e outros elementos para mellorar a seguridade viaria da zona.

    Ademais, desta obra, o alcalde tamén abordou a continuación do carril bici que sae da ponte de A Illa ata o pobo de Vilanova.

    Hernández comunicoulle, ademais, que nos vindeiros meses se achegará ata Vilanova para explicarlles o proxecto e a empresa que contratou a obra.

    Redacción Salnés