Concello e oposición pídenlle por separado a Vivenda que intermedio no realoxo de Monteporreiro

    xuntanzaportavoces_100.jpgPONTEVEDRA > A Xunta de Portavoces dos grupos municipais do Pontevedra non serviu para chegar a un acordo sobre a postura a adoptar ante o realoxo

    … dos veciños do Vao en Monteporreiro. O PP critica ó goberno local de actuar con pouca contundencia ante a medida do concello de Poio, de aloxar a catro familias no barrio pontevedrés. Mentres, Miguel Anxo Lores e Teresa Casal anunciaron que se van a dirixir á Cnsellería de Vivenda para que esta medie no conflito.

    Segundo Telmo Martín, líder da oposición,o goberno local non tomou a suficiente precaución ante o que consideran unha extralimitación de competencias do concello de Poio, ó aplicar medidas sociais coma a do realoxo dos veciños de o Vao fora do seu municipio. Telmo Martín tamén se referiu esta mañá á subvención concedida pola Consellería de Vivenda ó concello de Poio para o realoxo dos veciños. Unha axuda duns 700.000 da que dixo, o goberno de Pontevedra debía estar ó tanto.

    Pola súa banda o grupo de goberno decidiu remitirse á Consellería de Vivenda para esixirlle que retome o acordo establecido co concello, e polo que ámbalas dúas partes eran conscientes da inoportunidade de ubicar máis vivendas con destino social en Monteporreiro. A medida unilateral do concello de Poio de realizar os realoxos fora do seu concello, e neste caso no barrio pontevedrés de Monteporreiro, levou ó goberno local á facer un requerimento ante o que consideran unha invasión de competencias.

    O executivo local de Pontevedra tamén se vai dirixir á Subdelegación do Goberno para pedirlle que extreme as medidas preventivas de seguridade en Monteporreiro co fin de salvagardala convivencia. Mentres, no concello de Pontecaldelas, onde tamén foron realoxadas outras dúas familais, tamén piden o cese da medida do concello de Poio.

    Redacción Salnés