A delegada provincial de Industria reunése cos empresarios do Salnés

    delegada_prov_100.jpgCAMBADOS > A delegada da Consellería de Innovación e Industria da Provincia de Pontevedra, Montserrat Prado, visitou esta tarde…

    .. as instalacións que a asociación de empresarios do Salnés posúe no político industrial cambadés de 7 pías. O obxectivo desta reunión era coñecer de primeira man, as peticións e necesidades deste colectivo empresarial; entre as que se encontraban, entre outras, a necesidade de dispor identificativos de maior envergadura que localicen mellor os parques empresarias da comarca.

    Os empresarios solicitaron tamén a intervención da delegada para dotar dunha cumprida instalación de fibra óptica ós parques industriais e empresariais, así como a dotar dun sistema de saneamento eficiente nos mesmos. Ademais, aproveitaron para pedir asesoramento sobre o futuro mantemento dos parques industriais que xa están en funcionamento.

    A representante da Xunta, aseguroulles que a Consellería de Innovación e Industria xa está a traballar con varios colectivos empresariais e concellos, para facilitar o achegamento da banda ampla ós polígonos industriais galegos; e rematar así ca fenda dixital que merma considerablemente a competitividade das empresas galegas. Asemade, Prado indicou que ía a comunicar ás outras dúas inquietudes, a das sinalización dos polígonos e a do saneamento; ás Consellería de Política Territorial e a de medio ambiente, competentes respectivamente en ámbalas dúas materias.

    Nesta mesma xuntanza, a delegada provincial coincidiu cos empresarios en salientar a importancia da creación de chan industrial na comarca; feito polo que lles adiantou algunhas das actuación que está a desenvolver a consellería de industria no Salnés, como o estudo para a ampliación de parques como o do pousadoiro ou o de Tremoedo, o que suporá un incremento de 2 millóns de metros cadrados.

    Redacción Salnés