Arranca o circuíto Arousa Revolutrion Trail Series 2020

RIBEIRA> Carlos Lorenzo e Verónica Calvo foron os vencedores no Trail da Cidá celebrado onte domingo en Ribeira. A carreira é a primeira das cinco probas que integran o circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series 2020.

Uns 345 corredores, un número lixeiramente superior ó de edicións anteriores, participaron onte domingo no Trail da Cidá. A saída da proba, a primeira das cinco probas das que consta este ano o circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series, tiña lugar nas inmediacións de Concello. Nesta ocasión o tempo non foi condicionante, e a proba discorreu con toda normalidade, sen incidente algún de consideración. A carreira, na categoría masculina, estivo encabezada dende os primeiros quilómetros polos principais favoritos, que marcaron un ritmo alto de inicio, provocando os primeiros cortes co resto de participantes. a vitoria final nesta categoría foi precismanete para Caros Lorenzo do Xtosín Runnners cun tempo de 01:12:09. Por detrás del, a tan só 24 segundos de diferenza, Vítor González do Lodeiros Trail e a 26 entrou Óscar Brión do Maxiko Masaxes Kiko. En canto á categoría feminina a gañadora foi Verónica Calvo do CDM Vértice que entrou na liña de meta cun tempo de 01:27:10. En segunda posición entrou Elena Matalobos do Maxiko Masaxes Kiko a máis de minuto e medio e a terceira praza foi para Alina Cimpeán do Gaaico Trail Run que parou o reloxo en 01:32:15. As próximas citas do circuito serán o Trail de San Isidro na Pobra, o día 16 de febreiro; en Porto do Son, o 15 de marzo; e o de San Lois, en Noia, o 19 de abril; para rematar en Ribeira co Ultratrail do Barbanza, de 42 km., o día 10 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí