Fernández Moreda inaugurou na Pobra as melloras acometidas na CP-7602

    inauguracinestradacolodearcaaldeavella_100_121008.jpgPOBRA > O presidente da Deputación da Coruña inaugurou as obras de mellora levadas a cabo na estrada de Colo de Arca e Aldeavella na Pobra.

    {flowplayer}barbanza/inauguracionestradasantacruz.flv{/flowplayer}

    Un bo número de persoas, entre veciños da zona e autoridades locais, asistiron ó acto de inauguración da estrada CP-7602, que une Colo de Arca e Aldeavella.

    A actuación, que foi sufragada na súa totalidade pola Deputación Provincial da Coruña, ascendeu a preto dun millón de euros. Foi precisamente o presidente do organismo provincial o encargado de face-lo corte oficial da cinta, acompañado do rexedor local, Isaac Maceiras. Na súa intervención destacou a importancia desta obra, xa que se trata dunha estrada cunha gran densidade de tráfico. Ademais agradeceu a colaboración dos propios veciños da zona, que coas súas cesións de terreo, propiciaron o ensanchamento do vial.

    Obra necesaria

    O alcalde, Isaac Maceiras, fixo mención á colaboración prestada polo organismo provincial, xa que se trataba dunha obra necesaria para garanti-la seguridade do cada vez máis crecente tránsito que soporta esta estrada.

    A obra en si consistiu no ensanche e na mellora da seguridade vial. En total algo máis de dous quilómetros de lonxitude. Ademais, a pesar de que non figuraba no proxecto inicial, procedeuse tamén á substitución das vellas canalizacións de auga existentes que dabann servizo ás vivendas da zona e que se atopaban nun mal estado.

    Redacción Barbanza