NNXX presenta a campaña ‘Con Rajoy os mozos gañamos’

    novasxeracions100_200208.jpgPONTEVEDRA > Novas Xeracións do Partido Popular achegou hoxe a Pontevedra o seu autobús de campaña

    ‘Urxentemente Rajoy’. É a mensaxe que pregoan os mozos do PP. Hoxe chegou a Pontevedra o autobús de campaña de Novas Xeracións con camisetas e chapas nas que afirman que ‘con Rajoy a xuventude gaña’. O presidente nacional de Novas Xeracións, Nacho Uriarte, e a candidata ó Congreso Ana Pastor foron os encargados de pórlle voz a esta campaña.

    Para o PP, o goberno socialista leva 4 anos ‘enganando á xuventude’. Denuncian que os mozos españois son os peores posicionados no mundo laboral, cunha taxa de paro dous puntos por riba da media europea. En educación, indican que o PSOE colocou a España á cola en rendemento. E en Vivenda, cualifican de irrisorias as medidas adoptadas polo goberno de Zapatero. O PP tamén se referiu ó cánon dixital. Segundo os seus cálculos, a aplicación desta medida ‘suporá a cada familia un gasto de 303 euros ó ano’.

    Redacción Salnés