Publicidade de todos e para todos

    comercioilla copia.jpg A ILLA> Os establecementos da Asociación de Empresarios contarán con marcos electrónicos para promover a súa imaxe e horarios de atención ó público.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_COMERCIO_ILLAMARCOS.flv{/flowplayer}

    A Asociación de Empresarios da Illa adoita apostar polas novas tecnoloxías e as ideas vangardistas para promover a imaxe dos seus asociados e fomentar as compras no comercio local. Este é o espírito da nova campaña que están a piques de poñer en marcha. Hai tempo que caeron na conta de que son moitos os clientes que descoñecen os horarios de apertura e peche dos distintos establecementos. Coa fin de ofrecer esta información e á vez chamar a atención dos compradores, decidiron repartir entre os locais asociados marcos electrónicos nos que se proxectarán vídeos dun minuto de duración sobre cada comercio e ó remate, as horas de atención.

    A idea é aproveitarse das posibilidades que ofrece esta tecnoloxía para máis adiante, facer tamén promoción das rebaixas ou ofertas puntuais que saquen os establecementos.

    No Consorcio de Comercio do Salnés tamén están a traballar nunha iniciativa semellante, só que neste caso empregarán tabletas en lugar de marcos e a campaña farase entre tódalas asociacións membros. O colectivo de Empresarios da Illa conta tamén coa colaboración de concello, Novacaixagalicia e dirección xeral de Comercio. Desde a Xunta insisten en resaltar o potencial do pequeno comercio, e a habilitación de ferramentas para facer máis fluída a comunicación entre autónomos e goberno autonómico.

    Redacción Salnés