Ribadumia súmase á Semana Europea do Deporte

    RIBADUMIA> O concello de Ribadumia súmase á Semana Europea do Deporte que se celebrará xa a partir de mañá sábado. Sendeirismo, padel, actividades para nenos, zumba ou tenis de mesa son algunhas das actividades propostas nun programa, que terá no sábado 30 o seu día grande, coa celebración da Gala do Deporte. O concello de Ribadumia continúa coa súa aposta por inculcar o deporte á sociedade, xa desde nos veciños máis pequenos da casa. Por iso súmase á Semana Europea da Mobilidade cun programa chego de actividades, que comezarán xa mañá sábado 23 e rematarán o sábado 30. Unha diversidade de actividades deportivas para tódalas idades, que terán no mércores 27 o seu día destinado ós máis pequenos, con actividades nas que participarán máis de 250 nenos de 3 a 7 anos, grazas á colaboración do concello co CEIP Julia Becerra Malvar e o CRA de Ribadumia . O broche final chegará o sábado día 30 coa celebración da Gala do Deporte, que será conducida polo humorista Federico Pérez. Ademáis, Ribadumia completa a Semana do Deporte con xornadas de portas abertas no ximnasio municipal e no Club de Tenis de Mesa do concello, do 25 ó 29 de setembro.