Os partidos políticos enfróntanse en debate electoral ante un público esixente

    debate100_200208-_still_001.jpgVILAGARCÍA > Varios dos candidatos ó Congreso e o Senado pola provincia de Pontevedra asistiron esta mañá en Vilagarcía a unha xornada de debate co obxectivo de ….

    …co obxectivo de que os representantes políticos de cada partido expuxeran o seu programa electoral de cara as vindeiras elección xerais do 9 de Marzo. Tanto PSOE, PP, BNG como EU enfrontáronse ao público máis complicado, os alumnos deste centro de secundaria que puxeron a proba o compromiso dos políticos coa mocidade.

    Unha xornada onde as xeración do futuro puideron escoitar e preguntar o que os seus políticos poden facer por eles e de cara o futuro. Un compromiso que dende cada cor político adquiriron de cara a unha nova convocatoria electoral. Iria Aboy dende o BNG apostou polo dereito a que Galicia se autogoberno. Por recoñecer a posición da muller na vida pública. Polo dereito a unha vivenda , por loitar por unha política universitaria pública e sen taxas pero sobre todo por recoñecer os dereitos e identidade da nosa comunidade galega

    Para o PSOE no camiño percorrido durante estes catro anos fixéronse importantes avances no tocante as políticas sociais, totalmente esquecidas polo antigo goberno do PP segundo afirma o seu candidato ó congreso. Agora pretenden continuar a senda dos proxectos iniciados como a lei de igualdade, a lei de dependencia, a suba das pensións, as rebaixas fiscais e a aposta pola investigación e o desenvolvemento

     Dende  esquerda unida tanto o PP coma PSOE comparten e defenden obxectivos comúns que para nada reparan nos problemas dos máis desfavorecidos. Para Juan fajardo as medidas expostas polos partidos maioritarios somentes serven de parches que non solucionan senón que alongan os problemas, por exemplo no ámbito do emprego

    Pola súa banda o PP critivca a mala xestión da economía é o eixo de tódolos problemas xerados na lexislatura do partido socialista. Para os populares as modificacións en políticas de emprego, educación – formación e a economía son os factores que máis preocupan ós cidadáns.

     Redacción Salnés