O PP pide a redución ós 20 metros na zona costeira Norte de Palmeira

    nortepalmeira_100_200208.jpgRIBEIRA > O PP insta á Xunta a realizar as comprobacións necesarias para declarar á zona da rúa Norte de Palmeira como solo urbano consolidado.

    {flowplayer}barbanza/nortepalmeira.flv{/flowplayer}

    Segundo Manuel Ruíz, unha proba evidente de que a Rúa Norte de Palmeira é un núcleo urbano consolidado, é que dispón de servizos como a recollida de lixo, abastecemento de auga, rede de sumidoiros ou subministración eléctrica dende antes de 1988, como acredita a documentación administrativa e fotográfica que obra en poder do propio concello de Ribeira.

    Por esta razón, o concello ribeirés, no marco das súas competencias, xa recoñeceu o carácter urbano deste solo, pero agora resta que a Xunta de Galicia complete os trámites emitindo as certificacións correspondentes.

    O PPdeG pide que unha vez completados os trámites, a Xunta se dirixa á Dirección Xeral de Costas para que reduza a franxa de servidume na zona da Rúa Norte de Palmeira dos 100 metros actuais ós 20 que contempla a lei para as áreas que poden acreditar dispoñer de características de solo urbano con anterioridade ó ano 1988, que foi o da entrada en vigor da Lei de Costas.

    Redacción Barbanza