BOIRO> O bo sabor de boca deixado tralo concerto celebrado neste mesmo escenario o pasado verán, foi unha das razón que levou ó músico vigués a volver a incluir o pazo de Goiáns na súa xira ‘Lugares Máxicos 2024’ co seu disco Celtic Sea.
O concerto terá lugar o mércores 24 de xullo a partir das oito da tarde.
As entradas poden adquirirse a oficina de Turismo do Concello ou a través de ataquilla.es a un prezo de 23 euros, ós que haberá que sumarlle, neste último caso, os gastos de xestión.











