A Casa da Cultura da Cachada acollerá unha charla sobre TDAH

BOIRO> A Casa da Cultura de Boiro acollerá este venres unha charla sobre o TDAH. Está organizada pola ANPA Torre de Goiáns, do colexio de Santa Baia, en colaboración co concello.

A falta de información e o descoñecemento sobre o TDAH levou á ANPA Torre de Goiáns a organizar unha charla sobre esta condición con gran incidencia ente a poboación infanto-xuvenil.

Dúas psicólogas da Fundación INGADA impartirán a conferencia, que ten por obxectivo dar a coñecer as necesidades especiais e as peculiaridades que implica o TDAH. Xa no psado mes de outubro, a ANPA organizou unha charla sobre TEA que atraeu a numeroso público.

A charla, que dará comezo ás oito da tarde, terá unha duración aproximada de dúas horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí