O concello de Ribeira anima ós clientes da praza a usar o sistema de cabinas intelixentes

RIBEIRA> A praza de abastos da Pobra segue avanzando para integrarse plenamente na rede de mercados intelixentes. Xa ten en marcha un sistema de contedores que permiten a recollida de pedidos a través dun código QR.

Os vendedores da praza de abastos de Ribeira e os seus clientes poden beneficiarse xa dun novo sistema de recollido de pedidos. O servizo, que xa leva varias semanas en uso, permite realizar as encargas por teléfono e recollelas no vestíbulo fóra do horario comercial.

Varios dos compartimentos son refrixerados para a conservación dos produtos frescos o que garante a súa conservación durante horas.

Dende o concello de Ribeira animan á cidadanía a facer uso deste pioneiro sistema que supón un valor engadido para os usuarios así como un novo paso consolidar o distintivo de calidade Mercados Intelixentes que abre a porta a novas axudas e melloras nas instalacións e servizos que ofrece o mercado muncipal.