O BNG esixe medidas preventivas contra os incendios

    bngcomarca.jpgRIBEIRA> As agrupacións comarcais do BNG critican ó goberno da Xunta de ser incapaz de atallar a vaga de lumes das últimas semanas.

    {flowplayer}barbanza/bngcomarcalincendios.flv{/flowplayer}

    Entre estas propostas formuladas polo BNG para previr os lumes figuran a de seguir mantendo os convenios de colaboración para limpeza de montes lindeiras á núcleos habitados entre a Consellería de Medio Rural e os concellos galegos así como seguir apoiando as Comunidades de Montes para evitar retrasos nos acordos que impidan comezar as tarefas de limpeza con tempo suficiente ante da chegada da época estival.

    Mantemento GRUMIR

    Os nacionalistas tamén piden que a Xunta apoie o mantemento do Grupos de Intervención Rápida nos concellos.

    Por último, demandan medidas de prevención para afrontar de escorrentías de lodo e cinzas que se poidan producir nos vindeiros meses como consecuencia da vaga de lumes deste días e poidan afectar a zonas de marisqueo das rías de Arousa e Muros-Noia .

    Abogan por retomar as políticas impulsadas polo anterior goberno da Xunta recollidas na Lei de prevención contra os incendios de Galicia, que din está a incumprir o actual executivo autonómico. 

    Ademáis os nacionalistas lembraron as acusacións que lanzou o partido popular contra a Consellería de Medio Rural e a Xunta bipartita durante a vaga de incendios de 2006 e que agora se volveron contra deles.

    Redacción Barbanza