A derrota do Vilalonga impide un pleno de victorias

futbol250_030308.jpgSALNÉS > Bos resultados os acadados polos equipos do Salnés no que a fútbol se refire. Na Terceira División, balance de tres victorias e tan só unha derrota, a do Vilalonga en Verín, onde o equipo de Josiño Abalde caeu por 2-1.

O Vilalonga prosigue coa súa mala xeira de resultados e suma xa seis semanas sen coñece-la victoria. Onte caeu ante o Verín; adiantáronse moi cedo os celestes cun gol de Albert ós sete minutos pero deixáronse remontar antes do descanso. Pese a intentalo na segunda metade non foron quen de traerse nada positivo do José Arjiz.

Na Lomba, o Arousa impúxose ó Ourense B por 3-1. Non fixo un gran partido o conxunto de Juan Laxes pero bastaron dous aceleróns para poñerse en vantaxe no marcador. Asustou o filial ourensanista reducindo diferencias e tendo ocasións para empatar pero Chiño, xa no minuto 90, certificaría a victoria local.

Tamén gañou coma local o Portonovo. Un solitario gol de Tinaia na segunda metade foi suficiente para doblegar a un Ordes que dominou boa parte do encontro.

A sorpresa da xornada deuna o Céltiga tras gañar 0-1 no Roxo, o campo do Cerceda, un dos máis complicados da categoría. Victoria importante para os de Manuel Núñez que lles serve para coller moral pero non para saír dos postos de descenso, dado que esta semana gañaron tódolos seus rivais directos.

Destacar tamén os resultados en Preferente Autonómica, co triunfo do Union do Grove por 3-0 ante o Melias e a derrota do Ribadumia na Senra por 2-3 co Porriño Industrial.

Redacción Salnés