Noia acollerá o domingo 14 de agosto a XX Travesía a Nado entre Testal e o Freixo

NOIA> Na proba está prevista a participación de ó redor dun centenar de nadadores.

Coa deste sábado xa serán vinte as edicións disputadas da travesía a nado entre os portos de Testal e o Freixo.

Esta proba solidaria, organizada polo Club Adeco-Dea en colaboración co Concello, desenvolverase o domingo 14 deste mes de agosto. AA saída está prevista para as cinco da tarde dende o porto de Testal.

Como é habitual nesta proba, non terá un carácter competitivo senón que o que se busca é promover o deporte adaptado e integrar a discapacidade na práctica deportiva.

Dende a organización agardan poder completar as cen prazas dispoñibles. Os interesados poden inscribirse previamente a través da web de emesports. O prazo remata o xoves día 11.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí