A ABE promove a recollida selectiva mediante un acordo con Kardemar

    xestionresiduosabe_100_060208.jpgBOIRO > A ABE e a empresa Kardemar, dedicada ó asesoramento a empresas sobre a xestión de residuos, asinaron un convenio de colaboración.

    {flowplayer}barbanza/xestionresiduosabe.flv{/flowplayer}

    Por lei tódalas empresas están obrigadas a xestiona-los seus propios recursos. Segundo varios estudos, preto do 50% dos residuos xerados en Galicia por sectores como o da automoción e o conserveiro, poden revalorizarse posteriormente. De aí a importancia deste acordo que vén de asinar a ABE coa empresa Kardemar que se dedica ó asesoramento a empresas sobre recollida, selección e xestión de residuos.

    Materiais reciclables

    Entre os refugallos máis habituais que poderían reutilizarse estarían a chatarra, os aceites, a madeira, o cartón ou os lodos procedentes do tratamento de auga. Todo unha serie de posibilidades que de realizarse unha reciclaxe correcta lle traería importantes beneficios.

    Segundo o presidente da patronal boiresa, as leis en materia medioambiental cada vez son máis estritas, polo que é necesario este tipo de accións que posibiliten un tratamento axeitado dos residuos.

    A través deste convenio preténdese ademais concienciar ós empresarios na necesidade de que tódolos desfeitos que se xeran nas industrias, teñan un tratamento correcto, respectando o medio ambiente, máxime cando a maioría das empresas da zona, fundamentalmente as pemes, non dispoñen dunha xestión de residuos.

    Redacción Barbanza