O Tribunal Supremo confirma a pena de 14 anos de cadea ó Chicle por violar á súa cuñada

BARBANZA> O Tribunal Supremo ratificou a condena a 14 anos de cárcere imposta ó Chicle por agredir sexualmente á súa cuñada cando era menor de idade. Rexeita así a aplicación de atenuante solicitada pola defensa en relación ó tempo transcorrido dende o arquivo da causa ata a súa reapertura.

O Tribunal Supremo vén de confirmar a condena a 14 anos de cadea imposta pola Audiencia Provincial da Coruña á José Enrique Abuín Gey ‘ O Chicle’ por violar á súa cuñada cando esta era menor de idade. 

Rexeita así o recurso da defensa que solicitaba a o atenuante de cuasiprescripción polo tempo transcorrido entre o arquivo da causa en 2005 ata que se decretou a súa repaertura no 2018.

A sentenza ratifica así a pena imposta pola Audiencia Provincial que considera probado que o Chicle agrediu sexualmente á irmá da súa ex-muller tras levala en coche a unha zona de monte no concello de Lousame e ameazala cun coitelo de grandes dimensións.

Esta condena vense sumar á pena de prisión permanente revisable que xa pesa sobre Abuín Gey polo asasinato de Diana Quer.