A CORUÑA> A subdelegada do goberno na provincia da Coruña participou esta mañá na xunta local de seguridade de Boiro para analizar a evolución dos delitos no municipio. No análise da seguridade cidadá ó longo de 2023 destaca a alta taxa de resolución dos delitos que supera o 40 por cento.
A estreita colaboración entre as diferentes forzas de seguridade permitiu incrementar a taxa de resolución de delitos en Boiro ata o 40 por cento. Este é un dos datos máis positivos do balance realizado esta mañá pola xunta local de seguridade da que se recolle que o índice de conflitividade no municipio mantense nos parámetros normais.
Fronte ó descenso dalgúns indicadores relativos a estafas e roubos, rexístrase un incremento da ciberdelincuencia, pero non só en Boiro senón en toda España e tamén a nivel europeo.
Durante a xuntanza abordouse tamén a importancia de seguir a traballar no ámbito de prevención e protección das vítimas da violencia de xénero para o que se está a ultimar a incorporación da policía local ó sistema Vioxen. Tamén se deu conta do bo funcionamento do Plan director de convivencia escolar no que participan tódolos centros educativos de Boiro. A través da Garda Civil trabállase na prevención da violencia escolar, ciberacoso, consumos e adiccións ás novas tecnoloxías.











