O BNG esixe a dimisión de Genoveva Hermo pola retirada da placa de Rei Ballesteros

    POBRA> O BNG da Pobra solicita a dimisión da concelleira de Cultura, Genoveva Hermo, tras ter coñecemento de que foi ela a autora da retirada da placa de Anxo Rei Ballesteros que eles colocaran de xeito simbólico naPpraza do Emigrante este domingo. A polémica está servida na Pobra. Tras facerse público que a edil de Cultura e Turismo Genoveva Hermo foi quen retirou a placa en lembranza de Anxo Rei Ballesteros, instalada este domingo polo BNG de xeito simbólico na Praza do Emigrante. Dende esta formación considérase un acto o suficientemente grave para esixir a súa dimisión. Pola contra, dende o goberno municipal sosteñen que a única irregularidade foi a cometida polo BNG que usurpou as funcións do executivo ó instalar unha placa co escudo oficial do Concello, antes de que o consello consultivo se pronunciase sobre o nomeamento de Rei Ballesteros como fillo adoptivo. Aínda así o rexedor entende que a retirada da placa debería terse feito doutro xeito; ou ben a través da policía local ou requiríndollo ós propios edís do BNG.