O concello esixe opinar na solicitude da Autorización Ambiental de ENCE

    fabricaence_100.jpgPONTEVEDRA > O concello de Pontevedra presentou onte unha alegación á solicitude presentada por ENCE á Xunta de Galicia da Autorización Ambiental

    … Integrada que lle permita á empresa continuar coa súa actividade en Lourizán. Foi no último día do prazo de exposición pública de dito proxecto. A razón, que dende o goberno local piden que para a aprobación de dita autorización se teña en conta primeiro, un informe de compatibilidade urbanística por parte do concello.

    O concello de Pontevedra esixiu coa presentación desta alegación o informe de compatibilidade urbanística que lle toca facer ó executivo local. Este documento foi obviado pola Xunta e pola empresa, que se atiñan ó decreto de supramunicipalidade aprobado polo Goberno autonómico hai cinco anos. Porén o concello de Pontevedra apóiase agora na suspensión cautelar do artigo catro deste mesmo decreto, o que lles permite poder esixir a existencia de dito informe na Autorización Ambiental Integral da entidade.

    A ausencia dun visado colexial, e a propia carencia do informe do concello no que se estableza se hai ou non compatibilidade urbanística en ENCE, foron os motivos que levaron ó executivo local a interpoñer a alegación. A edil de urbanismo e tenente de alcalde, Teresa Casal, asegurou esta mañá que seu obxectivo segue sendo que ENCE se poida ir algún día da ría de Pontevedra.

    A falta de licencias municipais que autorizasen tódalas ampliacións feitas en Ence dende a súa creación, van ser os principais argumentos cos que o concello pretende xustificar a incompatibilidade urbanística da empresa.

    Redacción Sálnés