SANTIAGO> Ana Belén Cid recolleu o quinto Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía. Foi o propio empresario o encargado de entregar o galardón nun acto celebrado a pasada tarde no Hostal dos Reis Católicos que contou coa asistencia do presidente da Xunta.
O seu traballo sobre a insuficiencia mitral severa valeulle a Ana Belén Cid para facerse co Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía na súa quinta edición. A cardióloga recollía o premio, dotado con trinta mil euros, nun multitudinario acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos ó que asistiron diversas autoridades, entre elas o presidente da Xunta.
A insuficiencia mitral severa é, na actualidade, a patoloxía valvular que máis afecta ós maiores de 75 anos. De aí, a importancia de seguir investindo en investigación para reducir a súa incidencia e mellorar o seu pronóstico.











