Os Servizos Sociais de Ribeira da a coñecer os seus recursos cunha campaña informativa

RIBEIRA> Achegar os Servizos Eociais a toda a cidadanía é dar a coñecer os recursos que ofrecen. Este é o obxectivo da campaña de dinamización que vén de poñer en marcha o concello de Ribeira mediante a instalación de soportes informativos en puntos de interese de todo o municipio.

O concello de Ribeira instalará tótems informativos en tódalas parroquias para dar a coñecer os recursos e programas do departamento de Servizos Sociais. Con esta campaña de dinamización, buscan chegar a máis poboación divulgando as distintas áreas nas que traballa o Plan Comunitario.

Ó mesmo tempo, con esta campaña o concello busca detectas as posibles necesidades existentes no municipio para atender ós colectivos máis vulnerables a través de programas específicos.

As columnas informativas, dotadas con dípticos, instalaranse inicialmente nos centros sociais e culturais de tódalas parroquias así como en diversas instalacións públicas de Ribeira como o Centro de Información á Muller, o auditorio, o museo, o centro cultural Lustres Rivas ou o complexo deportivo da Fieteira.