A lonxa de Ribeira acada índices históricos cunha facturación superior ós 3’6 millóns

    recordhistorico_100_060208.jpgRIBEIRA > A lonxa de Ribeira bateu este mes de febreiro un récord historico de vendas cunha facturación superior ós tres millóns de medio de euros.

    {flowplayer}barbanza/recordhistorico.flv{/flowplayer}

    As vendas rexistradas na lonxa municipal neste mes de febreiro conseguiron superar mesmo as do pasado outubro, cando a facturación acadou índices históricos grazas ó incremento nas capturas de moluscos.

    O desglose dos 3.646.000 euros facturados o pasado mes de febreiro sitúa á cabeza as vendas de peixe branco, con 1.788.000 euros e o peixe azul con 1.129.000 euros. Os moluscos figuran a continuación cun balance próXimo ós seiscentos mil euros mentres que as vendas de marisco cifranse en 161 mil euros.

    Novas instalacións

    Estes números veñen poñer de manifesto a superioridade económica da lonxa de Ribeira, pendente aínda da construción dunhas novas instalacións. O alcalde, Xosé Luís Torres Colomer, ten previsto reunirse co presidente de Portos de Galicia trala semana santa paa trasladarlle a urxente necesidade de contar cunha nova lonxa así como de acometer as melloras portuarias que na actualidade se atopan paralizadas polo ente autonómico.

    Redacción Barbanza