Os xabarís destrozan 1.000 metros de colleita de millo

    destrozos_copia100.jpgBARRO> Continúan as protestas polos destrozos dos xabarís nas plantacións de millo.  Segundo os propietarios, a superficie de cereal estragada acada xa os 1000 metros, sen embargo aseguran que a Xunta ignora as súas denuncias.

    {flowplayer}images/salnes/DESTROZOS_XABARIS.flv{/flowplayer}

    Espantallos, radios prendidas e incluso pequenas fogueiras son insuficientes para evitar que os xabarís estraguen esta colleita de Balixe, na parroquia de Barro. A pesares de que non é o primeiro ano que sofren este tipo de destrozos, os propietarios da plantación non recordan nada igual.

    Os ataques dos animais comezaron hai uns 20 días e dende entón son case diarios. Para evitalos, os propietarios solicitaron pechar o seu terreo, unha petición que lles veu denegada ó estar a súa finca en proceso de concentración parcelaria. A pesares de que denunciaron despois do primeiro ataque, a afectada aínda agarda a visita dos técnicos da Xunta. Unha situación que os enche de impotencia.

    Noutras zonas afectadas polos estragos dos xabarís, o goberno autonómico tomou algunhas medidas, como a ampliación da autorización das batidas de caza polos montes. Os veciños de Barro esixen iniciativas deste tipo para a zona.

    Redacción Salnés