A POBRA> O auditorio do museo Valle-Inclán acollía este mediodía a entrega do premio gordo da campaña comercial ‘Raña e Gaña’ desenvolvida durante o Nadal na Pobra. Trátase dunha viaxe a Eurodisney para catro persoas patrocinada por Congalsa. A afortunada foi Eva Santamaría e o establecemento ‘Entrena Galicia’ quen repartiu a tarxeta gañadora.
Así de orgullosa recollía Eva Santamaría esta mañá o seu premio. Unha viaxe a Eurodisbey que, un ano máis, foi posible grazas á colaboración de Congalsa nesta campaña que implica a máis de sesenta comercios e empresas da localidade.
Ademais deste gran premio, entregáronse preto de 600 agasallos directos cun valor total de 15 mil euros no marca da campaña que pechou cun balance do máis exitoso.