O BNG de Boiro demanda máis seguridade viaria en Cimadevila

BOIRO> O BNG de Boiro volve demandar ó executivo melloras na seguridade viaria do concello. Segundo os nacionalistas son moitos os puntos tanto no casco urbano como no rural que conlevan serios riscos de accidente.

Un dos principais exemplos é, para os nacionalistas, a zona de Cimadevila onde xa hai dous anos se aprobou unha moción para mellorar a sinalización do paso de peóns e outras medidas de seguridade.

Non é este o único treito de concentración de accidentes posto que o BNG ten demandado ó longo da lexislatura melloras na sinalización e alumeados doutros puntos como a rotonda de Bermo ou a zona de Xarmea.