Tabuyo lembra en Vilanova os motivos para crer e votar ó PSOE

    mitinvilanova_100.jpgVILANOVA > Esgótase a campaña electoral, e dende o PSOE recordaron onte en Vilanova tódolos avances acadados en materia social polo partido …

    … nestes últimos catro anos. Unhas medidas subliñou o candidato do Salnés ó Congreso, Domigno Tabuyo, que afianzan o cuarto piar do estado do benestar, e que dan, como di un dos slogans dos socialistas nestes comicios, motivos para crer na palabra dada.

    A Lei de Igualdade entre homes e mulleres, o Estatuto do Traballador Autónomo, a Lei de Dependencia, a Renda de Rmancipación, a Lei contra a Violencia de Xénero, ou a Lei da Memoria Histórica, subliñou Tabuyo, son os exemplos da utilización que fixo o partido socialista da política coma unha ferramenta útil de transformación e de cambio. Unha etapa política na que dixo, se cambiaron as misións de guerra polas de paz, e na que se transformou por completo o panorama desolador deixado polo Partido Popular co desastre do Prestige, ou a guerra de Irak.

    Tabuyo tamén se referiu no mitin de onte a un Partido Popular dividido que xa pensa na sucesión de Mariano Rajoy. Sobre o PP engadiu que o único que pretenden é desmotivar a unha parte do electorado socialista sementando medo, dúbidas e a alarma, en temas de especial importancia coma o terrorismo, a inmigración ou a economía. Todo isto dixo, sen propoñer alternativa algunha.

    Redacción Sálnés