![]()
VILAGARCÍA > CC.OO presentou esta mañá o informe sobre as mulleres no mercado laboral na comarca de Arousa. Un documento que revela que …
{flowplayer}images/salnes/muller.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > CC.OO presentou esta mañá o informe sobre as mulleres no mercado laboral na comarca de Arousa. Un documento que revela que aínda que se rexistra unha maior participación das mulleres no mundo laboral fano en peores condicións que os homes, este incremento reflíctese sobre todo no sector servicios. Tamén son as mulleres as que seguen rexistrando o maior número de contratos eventuais e parciais. Un dato alarmante: de cada 100 desempregados en Arousa, 64 son mulleres.
Alarmante, así se pode definir a situación laboral da muller na comarca de Arousa. Segundo os datos emitidos pola Seguridade Social, só o 42 % da poboación feminina está traballando fronte ó 58 % dos homes. O colectivo de mulleres só representa o 41 % do réxime xeral de autónomos, mentres que o incremento laboral das mulleres se percibe cun 52 % no réxime agrario, no mar e, sobre todo, das traballadoras do fogar.
O sector servicios atópase totalmente feminizado sobre todo nos campos da hostalería, limpeza e comercio, onde no último ano rexistráronse 3.000 novos contratos, co agravante de que neste sector hai menos posibilidade de formación e promoción laboral. A grande preocupación sindical reside no resultado do informe que indica o elevado incremento do desemprego feminino na comarca da Arousa. Tamén que o maior número de contratos eventuais e a tempo parcial son para as mulleres
O cumio da discriminación laboral feminina atópase, segundo CC.OO, en mulleres con titulacións superiores: o número de desempregadas con formación académica triplica ó dos homes. Por iso, di CC.OO que se fan necesarias novas propostas de negociación colectiva, facer cumpri-las leis e sobre todo incidir na incorporación do plan de igualdade nos convenios colectivos
Tamén se presentou a revista mensual do sindicato xunto cunha guía que recolle medidas de protección integral contra a violencia de xénero no marco laboral onde as mulleres que se atopen nesta situación coñezan os dereitos e prestacións as que se poden acoller.
Redacción Salnés








