Fin de curso ‘alternativo’ na Armenteira para darlle a benvida ás vacacións de verán

MEIS> Hoxe rematou o curso escolar. Como vén sendo habitual, os centros organizaron nesta xornada actividades festivas para darlle a benvida ás vacacións de verán. Iso si, os clásicos festivais quedaron desta volta reducidas a pequenas actividades grupais, por precaución fronte a covid. Nós hoxe despedimos o curso no colexio da Armenteira, en Meis, onde organizaron diferentes actividades.

Este 22 de xuño significa para a rapazada a fin dun curso moi intenso e o comezo das súas merecidas vacacións de verán. Estamos no colexio da Armenteira, en Meis, onde decidiron darlle unha volta ao clásico festival de fin de curso. Por mor da covid, apostaron por organizar pequenas actividades grupais sen a visita dos pais e nais.

Entre as propostas que argallaron, unha busca do tesouro por equipos e tamén un taller de deseño de camisetas. Puideron decoralas segundo os seus gustos. As monitoras da actividade indican que a rapazada queda encantada con esta xornada de xogos.

Alba é unha das responsables de La Fiestería, que se encargou de organizar estas actividades. Trátase dun proxecto de recente creación impulsado por tres emprendedoras veciñas de Meis. Recoñecen que nestes tempos organizar eventos non é doado.

Neste colexio da Armenteira despiden hoxe un curso marcado pola pandemia. Recoñecen que foi duro, pero celebran que todo saiu segundo o agardado.

O vindeiro curso arrancará en infantil e primaria o 9 de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí