O GROVE> Vergoñento suceso no Grove. Mentres un home grava a escena, o outro vai camiñando detrás dun indixente que transitaba pola rúa cunha bolsa de supermercado na man para atacalo polas costas. A vítima acabou caendo ao chan.
A gravación comezou a circular polo WhatsApp e no Grove moitos xa identificaron a estes dous individuos. Agora falta a identificación oficial: a Garda Civi xa ten en marcha unha investigación para dar con eles.
Dende o Concello amosaron xa a súa repulsa a estes feitos que, din, non poden quedar así.