O proxecto do Ave entre Pontevedra e Portela non terá novo estudio de impacto

    portela_100.jpgBARRO > O Ministerio de Medio Ambiente asegura que a modificación do proxecto do eixo atlántico de alta velocidade no seu tramo de Pontevedra…

    … a Portela, non vai a precisar declaración de impacto medioambiental. Este departamento do goberno central asegura que non vai a ser necesario esta nova evaluación, posto que a modificación do proxecto só de despraza sobre o inicialmente previsto pouco máis de 2 kilómetros, por culpa de salvar o conxunto de novos edificios de Pedrapicada.

    Ademais, o impacto sobre a poboación, os bens materiais e sobre o paisaxe é inferior ó proxecto orixinal; tal e como recoñecen o mesmo concello de Pontevedra e a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación ambiental. Tamén vai a ser inferior que o previsto inicialmente, o movemento de terras a realizar e o impacto paisaxístico que se prevé en zonas como a Capela de San Caetano.

    Na execución destas obras tamén se lle vai a esixir ó promotor que extreme o coidado ca flora e fauna do entorno en puntos clave como é o leito do río Lérez.

    Redacción Salnés